Ir al contenido principal

Que significa o meu nome? (Elia)

Elia significa "a que resplandece como o sol". Trátase dun nome de excepcional beleza e connotacións míticas.Elia presenta a particularidade de que non todos coinciden en outorgarlle unha orixe grega relacionada co deus do Sol, Helio. Hai quen sitúa o nome Elia na tradición xudía, vindo ser o feminino de Elías. En base a isto, o seu significado estaría tamén relacionado con outro deus, neste caso, Yahvé.

Que significa o nome da miña irmá? (Sara)

Na Biblia, Sara é a esposa do patriarca Abraham, ao que deu un fillo, Isaac, cando o seu pai contaba xa con oitenta e nove anos de idade. O significado de Sara é "A princesa", é un nome de orixe hebrea que deriva da palabra “שָׂרָה” (Śārāh)  que se entende como "princesa", este nome foi mencionado no libro xénese da biblia.

Que significa o nome da miña curmá? (Noela)

 A etimoloxía popular relaciona o nome de Noela coa vila costeira de Noia, na Coruña, e co mito da fundación da súa cidade. Así, popularmente, a Noela dáselle o significado de "filla de Noé".Segundo a lenda Noia foi fundada por Noela, filla de Jafet e neta do patriarca hebreo Noé. 


Comentarios