Ir al contenido principal

                     Tarta de galleta



Infirmación:

Fácil

30 minutos

Para 10 persoas

340kcal por 100g.


Ingredientes:

500 ml. leite enteiro

40 gr. fécula de millo

2 ovos

1 palito de canela

80 gr. azucre

Pel de laranxa e dun limón

200 gr. chocolate con leite

50 gr. nata líquida ou crema de leite 35% M.G.

150 gr. manteiga


Preparación da crema pasteleira


01.  Comezamos preparando a crema pasteleira. Para iso, nunha cunca, diluímos a fécula de millo con 2 ou 3 culleres de leite e reservamos.
02.  Nun cazo quentamos o resto do leite coas peles de laranxa e limón e o palito de canela. Cando o leite comece a ferver, apagamos o lume e deixamos que repouse 10 minutos.
03.  Nun bol batemos os ovos co azucre e engadimos o leite coándoa. Esta unión de ingredientes debemos facela sen parar de remover xa que o leite estará aínda algo quente e non debemos deixar que o ovo chegue a callarse.
04.  Volvemos a verter a mestura no cazo e poñémolo ao lume. Engadimos a fécula de millo que temos reservada e diluída e, sen parar de remover, cociñamos a crema ata que haxa espesado. Reservamos.

Preparación da crema de chocolate


01.  Preparamos agora a crema de chocolate. Para iso, nun cazo engadimos o chocolate cortado en anacos e a nata.
02.  A lume baixo, sen parar de remover, derretimos todos os ingredientes ata conseguir unha crema lisa e sen grumos.
03.  Retiramos do lume e engadimos a manteiga removendo ata que se haxa derretido. Reservamos.


Montaxe da torta de galletas e presentación final


01.  Para montar a torta, e unha vez elixido o molde, colocamos unha primeira capa de galletas en toda a superficie do molde. As galletas as remojamos lixeiramente en leite, sen empapalas, antes de poñelas no molde.
02.  Coa crema xa fría ou polo menos tépeda, cubrimos coa metade da crema pasteleira. Colocamos unha segunda capa de galletas remojadas en leite e volvemos cubrir co resto da crema.
03.  É importante que a crema pasteleira e o chocolate, non estean moi quentes. Xa que poderían disolver as galletas ou facer que se movesen de sitio unha vez colocadas.
04.  Cubrimos coa última capa de galletas remojadas en leite. Vertemos a crema de chocolate cubrindo toda a superficie.
05.  Deixamos que a torta se arrefríe totalmente a temperatura ambiente antes de gardala no frigo.
Antes de servir a torta aconséllovos que a deixedes fose do frigo durante uns minutos para que se tempere. Se tedes un cumpre infantil en casa ou simplemente un capricho, esta torta de galletas da avoa é sempre un acerto.







Comentarios