Ir al contenido principal

                  Ensaladilla de gambas


INFORMACIÓN:

Fácil

30 minutos

Para 4 persoas

265kcal por 100g.

Ingredientes:


½ Kg de gambas ou lagostinos (poden ser conxelados)

1 Kg de patacas para cocer

3 culleradas sopeiras de chícharos (crus ou de bote)

1 cenoria grande ou 2 cenorias medianas

400 gr de maionesa Heinz 

Realmente Delicioso

Sal e pementa negra recentemente moída (ao gusto)

Opcional: Ceboliño fresco (para decorar)


Preparación:

01.  Lavamos con abundante auga as patacas e a cenoria e poñémolas a cocer nunha cazola suficientemente grande, sen pelar. Engadimos un puñado de sal.
02.  Dado que teñen diferentes tempos de cocción imos comprobando o punto da cenoria para que non se nos pase.
03.  Retiramos do lume, escurrimos e deixamos que arrefríen.
04.  Mentres tanto, se as gambas non están cocidas poñemos outra cazola con auga ao lume, cando ferva engadimos un chisco de sal e as gambas que deixamos cocer durante un par de minutos, se o tempo é maior vai ser moi difícil pelalas.
05.  Escurrimos as gambas, retirámoslles a cabeza e pelámolas con coidado para non desfacelas.
06.  Cortamos as gambas en anacos de 1 ou 2 centímetros.
07.  Cando amornaron, retiramos a pel á cenoria e ás patacas. Picámolo todo en anacos pequenos.

Mestura e presentación final da ensaladilla de gambas:

01.  Nun bol botamos a pataca picada, as gambas, gran parte da cenoria e case todos os chícharos (o resto vai servir para decorar a ensaladilla).
02.  Engadimos tamén a metade da nosa maionesa Heinz Realmente Deliciosa e removemos todo con coidado empregando unha culler de madeira. Corriximos de sal se é necesario.
03.  Pasamos a mestura a unha fonte, cubrímola co resto da maionesa realmente             reliciosa ,servíndonos dunha culler ou unha espátula. Decoramos coa cenoria e os                chícharos que reservamos.
04. Se queredes darlle un toque verde e aromático, picade moi menudito un pouco de ceboliño por encima da vosa ensaladilla.









Comentarios